Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mudan os hábitos de compra polo alto custo da vida

Mudan os hábitos de compra polo alto custo da vida

Catro de cada dez familias só mercan marcas brancas 

Imos máis ao supermercado na procura das mellores ofertas, pero compramos menos produtos

Recórtanse gastos en roupa e calzado e inténtase aforrar no consumo de gas e electricidade pero cada vez é máis difícil chegar a final de mes

Natalia Penas G24.gal 04/01/2023 14:46

O alto custo da vida pasa factura nos fogares españois, hai que recortar gastos e revisar a lista da compra. Agora miramos, comparamos e buscamos sempre o mellor prezo.

Só no último ano multiplicouse por catro o número de familias que optan polos produtos de oferta e as marcas brancas para encher a súa cesta da compra. Ademais preto da metade dos fogares tamén recortan gastos en roupa e calzado e tentan reducir o consumo de gas e electricidade para abaratar os recibos mensuais. 

Malia que o pasado mes de decembro a inflación se moderou ata o 5,8 %, as economías domésticas reséntense cada vez máis para chegar a final de mes. 

Tras a entrada en vigor da redución do IVE nos produtos básicos, o aceite e a pasta, os consumidores din que polo de agora o aforro é imperceptible. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade