Publicador de contidos
Publicador de contidos

Suicídase o garda civil sospeitoso de matar a tiros a súa exparella en Mougás

Suicídase o garda civil sospeitoso de matar a tiros a súa exparella en Mougás

Localizado nun monte próximo ao lugar dos feitos, non quixo entregarse e disparouse

A vítima, de 44 anos, faleceu ás portas do cámping onde traballaba

O corpo da muller ás portas do cámping
G24.gal 03/06/2023 17:37 Última actualización 03/06/2023 23:19

O garda civil sospeitoso de matar a tiros a súa exparella en Mougás suicidouse tras ser localizado por axentes do instituto armado nun monte próximo ao lugar dos feitos. Despois dunha hora de negociacións, para tentar que se entregase, pegouse un tiro pasadas as dez da noite.

Destinado no cuartel de Baiona, tiña unha orde de afastamento de 300 metros e a prohibición de comunicarse coa vítima. Había denuncias previas por violencia machista.

A muller, de 44 anos, faleceu dun disparo ás portas do cámping O Muíño, no concello de Oia. Aconteceu sobre as catro da tarde e cando chegaron os equipos de emerxencia só puideron confirmar a súa morte.

Tres días de loito oficial

De acordo cos datos facilitados pola alcaldesa de Oia, Cristina Correa, a muller era natural de Lugo e traballaba no cámping, onde residía. O Concello decretou tres días de loito oficial.

Este é o segundo crime machista ocorrido en Galicia no 2023, tras o asasinato dunha muller en Baiona no mes de febreiro. A súa exparella foi detida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade