Publicador de contidos
Publicador de contidos

Multa de ata 750 en Cambre por non recoller os excrementos do can

Multa de ata 750 en Cambre por non recoller os excrementos do can

Segundo a ordenanza municipal de limpeza está tipificado como falta leve

G24.gal 05/04/2023 14:39

Sanción exemplar á que podería expoñerse un veciño de Cambre por non recoller os excrementos do can co que estaba a pasear polo centro da vila. 

"Se tes un can, tes que recoller os excrementos, porque do contrario...".

"Hai que ir aos cartos para que aprendamos".

Pois precisamente a unha multa é ao que agora se enfronta un mozo da vila por non recoller os excrementos do can.

E, segundo os axentes que o identificaron, non foi porque se esquecera. "O can fixo as deposicións na rúa e un compañeiro advertiunos e metros despois comprobou que marchaban sen limpalas". 

E foi entón cando os informou da sanción á que se expoñían.

 "Está recollido na ordenanza cunha sanción de ata 750 euros".

Problemas que, segundo os axentes, pódense en atallar coa colaboración cidadá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade