Publicador de contidos
Publicador de contidos

Multados con máis de 80.000 euros por serrar un muro en Ourense protexido por Patrimonio

Multados con máis de 80.000 euros por serrar un muro en Ourense protexido por Patrimonio

Cortaron o muro para poder pasar cos coches, no conxunto etnográfico ourensán de Seixalbo

60.000 euros en concepto de sanción e 24.000 para reparar os danos

Usaron unha rebarbadora para serrar a pedra
G24.gal 24/11/2021 13:39

Máis de oitenta mil euros terán que pagar dous veciños da parroquia ourensá de Seixalbo por danos contra o patrimonio. Para que lles entrara mellor o coche, serraron cunha rebarbadora un portalón con protección especial polo seu valor histórico, o portalón do Recanto da Requeixada, antigo acceso a un patio de veciños que ten protección especial.

Alertados polo ruído da rebarbadora, os veciños alertaron á asociación San Breixo, que se puxo en contacto co arquitecto municipal.

"O propio arquitecto indica que non tiña constancia das obras e que, antes de que os danos fosen maiores, deberiamos avisar a policía local para que o paralizase", explica Xosé Carballido Presas, Presidente da Asociación de Veciños San Breixo de Seixalbo.

Declarado núcleo de interese etnográfico todo o conxunto medieval de Seixalbo ten protección especial, o que obriga os veciños a consultar calquera intervención. 

Á vista dos danos, e de que os responsables sabían que era un ben protexido, segundo informan desde a concellería de Urbanismo de Ourense, o concello abriu un expediente sancionador que contempla 24.400 euros para reparar os danos e 60.000 en concepto de sanción.

"A nós parécenos desproporcionado, porque dou por feito que non sabían que era un ben patrimonial con ese gran nivel de protección", di Xosé Carballido.

Os afectados non quixeron facer declaracións. O portalón dá acceso a media ducia de vivendas, pero só dous propietarios foron identificados pola policía como responsables da intervención.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade