Publicador de contidos
Publicador de contidos

Multas de ata 10.000 euros por non recoller os excrementos de cans

Multas de ata 10.000 euros por non recoller os excrementos de cans

O Concello de Ames lanza unha campaña para sensibilizar sobre a necesidade de recoller as cacas dos cans

Reforzarase a presenza policial e poñeranse multas que van dos 500 aos 10.000 euros

G24.gal 03/06/2024 14:16

Os excrementos caninos na rúa son un problema crónico. Unha falta de civismo que os concellos levan anos intentando combater. En Ames decidiron empezar a multar os donos dos animais cuxas defecacións queden na rúa. O problema é collelos na allada, porque se non os collen, non poderán multalos. Con todo, o Concello teno claro: reforzar a presenza policial e sensibilizar a través de carteis e información na Rede.

Unha resposta ás múltiples queixas

Mariví Arufe, responsable da Garda Medioambiental do concello de Ames, di que "recibiron moitas queixas na concellería respecto aos excrementos caninos da xente que ten mascotas, non de todos, claro, hai quen é responsable pero hai quen non. Por iso decidimos facer unha campaña de concienciación e chegara a todos eses propietarios que aínda non están responsabilizados".  

Trátase de responsabilidade cun mesmo e cos demais. A pregunta é: somos responsables, estamos o suficientemente sensibilizados co tema? Preguntados varios veciños na rúa hai de todo, hai quen pensa que si e quen pensa que non. Para todos vai dirixida a campaña.

Máis presenza policial

Reforzarase a presenza policial e poderán poñer multas que van dos 500 aos 10.000 euros. Desde o Concello lembran que o abandono de excrementos supón un risco para a saúde pública e que a campaña é, sobre todo, de sensibilización co foco no propietario e nunca no animal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade