Publicador de contidos
Publicador de contidos

Múltiples incidencias de madrugada no Morrazo

Múltiples incidencias de madrugada no Morrazo

Amañouse o problema de subministración eléctrica dos últimos días

G24.gal 18/01/2024 13:43

Muros, valos publicitarios e cobertura de fachadas caeron esta madrugada no Morrazo, segundo apuntan os bombeiros da bisbarra.

Vaise normalizando a subministración eléctrica, aínda que operarios municipais supervisaban as liñas hoxe en zonas como Viñó, onde estiveron o martes 24 horas sen luz. O corte de subministración tamén afectou a Nerga e O Hío.

Por outro lado, o que se deixou sentir nos peiraos da ría de Vigo foi a anulación de frecuencias entre Vigo e O Morrazo que obrigou onte a reforzar os servizos de Monbus. Malia os avisos de hoxe, o sol luciu por momentos esta mañá no Morrazo e non se rexistraron incidencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade