Publicador de contidos
Publicador de contidos

Música e rimas para loitar contra o acoso escolar

Música e rimas para loitar contra o acoso escolar

Unha iniciativa do Concello e a plataforma musical galega Gallos del Norte busca falar do acoso cos cativos a través da música hip hop

Obxectivo:  Identificar o problema e coñecer as ferramentas coas que contan para solucionalo

G24.gal 09/11/2022 14:29

Falar do acoso escolar moitas veces non resulta sinxelo. En Ourense, unha iniciativa do Concello e a plataforma musical galega Gallos del Norte busca achegarse a este tema cos cativos a través da música hip hop. Identificar o problema e coñecer as ferramentas coas que contan para solucionalo son a base destas clases onde a música e as rimas son os alicientes. 

Son rapaces de sexto de primaria que con apenas doce anos saben ben de que se lles fala.

"A persoa que o sofre pásao moi mal porque os demais o molestan ou o insultan".

Hoxe a través da música, os xogos e as rimas achéganlles tamén novas ferramentas contra o acoso.

"Hai que dicirllo os nosos pais para que falen cos mestres e as mestras e se podemos tamén podemos evitalo un pouco".

"Se é un caso de ciberacoso que algún amigo cho conta, podes avisar a un adulto ou os seus pais".

"Aínda que non o vivamos é unha situación que coñecemos moito. Vin casos, e nos axudan a saber que facer para axudar a xente que lle pasa isto".

Un novo xeito de facerlle fronte o acoso, desta volta con máis ritmo ca nunca.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar