Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidos 9 exipcios polo naufraxio dun barco con inmigrantes fronte á costa grega

Detidos 9 exipcios polo naufraxio dun barco con inmigrantes fronte á costa grega

Os arrestados estaban entre os supervivntes da traxedia e están acusados de tráfico de persoas

Ata o momento localizáronse 79 cadáveres

Estímase que na embarcación ían entre 500 e 750 persoas, entre eles un cento de nenos coas súas nais

G24.gal 15/06/2023 19:57 Última actualización 15/06/2023 20:30

As autoridades gregas detiveron nove homes de nacionalidade exipcia baixo a acusación de tráfico de persoas como parte as investigacións do naufraxio dun pesqueiro no mar Xónico.

O sinistro causou o mércores polo menos 79 mortos e centos de desaparecidos.

Os nove sospeitosos, que se atopan entre os 104 rescatados do naufraxio, enfróntanse aos cargos de formar unha organización criminal co fin de exercer tráfico ilícito de inmigrantes.

De acordo con testemuños dalgúns dos rescatados, o pesqueiro de 30 metros de eslora partiu nun principio de costas exipcias, fixo unha escala no leste de Libia e despois partiu rumbo a Italia.

A última imaxe do barco da fé do ateigado de inmigrantes que ía cando afundiu nun profunda foxa do mar Xónico. Estímase que nel ían entre 500 e 750 persoas.

Nas primeiras horas tras o naufraxio rescataron 79 cadáveres e 104 sobreviventes, todos homes de entre 17 e 40 anos, os máis novos e fortes. Están a salvo pero conmocionados tras ver desaparecer os seus amigos e familiares.

"Un home novo comezou a chorar e dixo: necesito a miña nai, necesito a miña nai", lembra sobrecollida unha das traballadoras da Cruz Vermella helena que atende os sobreviventes.

Un cento de nenos a bordo

Os que se salvaron ían na cuberta, pero declararon que na adega viaxaban polo menos un cento de nenos acompañados de moitas mulleres. Cada hora que pasa hai menos posibilidades de atopar persoas con vida na que pode ser unha das maiores catástrofes migratorias da historia.

É probable que nunca se saiba con certeza cantas persoas ían no barco. Entre os rescatados hai paquistanís, exipcios, sirios e palestinos. 

Bruxelas pediu un pacto migratorio coherente para evitar traxedias como esta. Estatísticas da ONU cifran en 27.000 as vítimas da migración irregular no Mediterráneo nos últimos nove anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade