Publicador de contidos
Publicador de contidos

Paiporta pide máis medios para retirar os residuos e o lixo das rúas

Paiporta pide máis medios para retirar os residuos e o lixo das rúas

A veciñanza agradece a solidariedade do voluntariado que comezou chegar o primeiro día

Os accesos á localidade vanse despexando, pero o peor está nas rúas da parte vella da cidade

Os colexios continuarán pechados ata novo aviso

G24.gal 10/11/2024 16:30 Última actualización 10/11/2024 22:48

Na zona antiga de Paiporta o tempo parece que se detivo o 29 de outubro. Os accesos á localidade, vanse despexando pero o peor está na parte vella da cidade, con rúas convertidas en vertedoiros de residuos amoreados.

"Estamos na zona cero total. Rúas estreitas, todo casas baixas, foi un desastre total"
"As máquinas que estades vendo e que están traballando son de voluntarios. Hai militares traballando por fóra, pero esta xente son voluntarios, maquinaria privada que veu e que está traballando cinco seis días e teñen que marchar", di un veciño.

Este municipio de 29.000 habitantes situado a uns 30 minutos da capital foi unha das vilas máis afectadas pola DINA e a que máis falecidos acumula.

"Nós puidemos subir ao piso de arriba e a miña filla preguntábame: 'Imos morrer mamá?' Eu dicíalle que non, pero a verdade é que non o sabía, porque asomábaste e vías por onde chegaba a auga. Nós xa non tiñamos onde subir máis".

"Estamos vivos, de momento é o único que podemos agradecer, iso e a cantidade de axuda de voluntarios... por aquí non para de pasar xente", conta unha muller.

As autoridades locais acordaron ir despexando o centro de voluntarios para o tránsito de maquinaria con seguridade. Entre os que seguen alí, botando unha man atopamos un grupo de mozos galegos.

"Xuntámonos un grupo de amigos, vimos con catro furgonetas a tope, con produtos de hixiene, xoguetes... Estamos intentando primeiro levalo a cada casa, xente á que non lle chegou nada, que teñen difícil baixar, e facendo o que podemos".

"Mírarlles un sorriso despois de todo o que pasaron é moi grato".

Os centros educativos continúan pechados ata novo aviso debido a razóns de seguridade, hixiene e á restrición de acceso de vehículos imposta na zona. Perdérono todo e toca empezar de cero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade