Publicador de contidos
Publicador de contidos

Na provincia de Ourense hai 22 praias fluviais, o oitenta por cento delas cunha calidade de auga excelente

Na provincia de Ourense hai 22 praias fluviais, o oitenta por cento delas cunha calidade de auga excelente

En Galicia hai rexistradas un total de 68 zonas de baño fluviais

G24.gal 27/06/2023 21:18

Para levar mellor a calor, se non estamos preto do mar, unha boa opción son as praias fluviais. Máis do oitenta por cento das que hai en Ourense teñen a cualificación de "excelente" pola boa calidade das súas augas. 

Dezaseis concellos da provincia de Ourense contan este verán con praias fluviais aptas para o baño. 

"Cada vez elixímola máis; antes iamos máis a piscina e porén agora levamos uns anos que imos probando. Vimos máis aquí por proximidade, pero fomos a algunha máis e gustounos tamén".

Dende Avión ata Carballeda de Valdeorras, ou dende Entrimo ata Chandrexa. En total, na provincia de Ourense hai 22 praias fluviais e máis do oitenta por cento delas cunha calidade de auga excelente. É o caso da praia da Antena, na propia cidade de Ourense, a dos Franceses no concello da Veiga ou a de Castrelo de Miño. 

"É moi agradable, gustoume moito polo río".

Porque nestas praias cabe a posibilidade de bañarse, pero tamén ofrecen outras alternativas. 

"Para facer actividades como pedaletas, caiacs ou así tamén está moi ben".

Os usuarios valoran a tranquilidade destas praias lonxe da grande afluencia de xente que poden atopar na costa ao longo do verán. 

"Prefiro isto e non as praias, que hai moita acumulación de xente; aquí estase máis tranquilo".

"Non hai correntes, entón para os rapaces pequenos é moito máis seguro".

En Galicia hai rexistradas un total de 68 zonas de baño fluviais. É a consellería de Sanidade a encargada de controlar a calidade das augas e quen pode prohibir o baño se non cumpren unha serie de requisitos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar