Na UCI un mozo de 18 anos tras recibir un puñazo en plena rúa en Lugo
Na UCI un mozo de 18 anos tras recibir un puñazo en plena rúa en Lugo
A agresión produciuse na rúa dos Cregos despois de ter unha discusión con outro mozo
Un mozo de 18 anos está ingresado en coidados intensivos tras recibir un puñazo en plena rúa de Lugo. A vítima é Gonzalo Cuéllar, xogador do xuvenil do Club Deportivo Lugo da División de Honra.
Foi agredido o sábado na rúa dos Cregos cando estaba cuns amigos e tras iniciar unha discusión con outro mozo por razóns que non transcenderon. Nun momento dado, este doulle unha labazada e Cuéllar caeu inconsciente no chan. Foi trasladado ao hospital, onde onte á noite xa estaba consciente.
Os familiares do rapaz, que é irmán do dianteiro do Lugo e da selección de Bolivia Jaume Cuéllar, presentaron xa denuncia na comisaría de policía de Lugo. O club emitiu un comunicado amosando a súa solidaridade co xogador a través dunha mensaxe nas redes sociais condenando o que considera un "deleznable ataque".
Agora os esforzos céntranse en localizar o responsable dos feitos.