Publicador de contidos
Publicador de contidos

Na xeración Z priorizan atopar un traballo que os apaixone e achegue flexibilidade

Na xeración Z priorizan atopar un traballo que os apaixone e achegue flexibilidade

Aínda que o soldo é importante para eles, xa non é unha prioridade tan grande como para as xeracións anteriores

Moza traballando desde a casa
G24.gal 03/06/2024 15:39 Última actualización 03/06/2024 16:10

Moitos mozos e mozas da xeración Z, os nados entre 1997 e 2012, están a piques de incorporarse ao mercado laboral. Á xeración do futuro preocúpalle o soldo, pero xa non é o máis importante para eles.

As súas prioridades son poder facer o que lles apaixona e lograr a conciliación laboral e persoal.

Están a piques de incorporarse ao mercado laboral. Con todo, lonxe dun bo soldo, esta xeración ten outras prioridades diferentes ás de antes. A primeira, buscar unha profesión que lles apaixone. Na súa ambición laboral prima a flexibilidade de horarios e a territorial.

Unha tendencia que está moi relacionada cun cambio de valores, onde o benestar persoal e profesional están igual ou máis valorados que o soldo.

A xeración Z conforma o 27,3 % da poboación mundial. Mozos, cun sólido conxunto de habilidades dixitais que se enfrontan a un mundo laboral cheo de desafíos que van máis alá da preparación técnica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade