Nancy Durrell, cineasta: "Coas miñas fotos tento concienciar as mulleres de como poden mellorar a súa situación"

A mostra In Safe Hands reúne 33 fotos de mulleres africanas e das súas circunstancias
Mutilación xenital, embarazos prematuros e falta de planificación familiar son constantes
In Safe hands pódese ver no Colexio oficial de médicos ata o 28 de febreiro
O continente africano e as súas poboadoras seguen a ser a día de hoxe o obxectivo das viaxes que realiza a cineasta e fotógrafa canadense Nancy Durrell Mckenna para dar a coñecer as múltiples realidades que afrontan as mulleres nas diversas culturas: matrimonios pactados de nenas, mutilación xenital feminina, a planificación familiar ou a sida.
Máis de 40 anos de relación coas mulleres fotografadas das cales, en moitos casos, vive a súa evolución. En 2003 creou a ONG SafeHands, no Reino Unido, para mellorar as condicións desas mulleres no país e no estranxeiro.