Cargando resultados...
Naturgy recoñece que foi un erro reclamar 7.000 euros de luz a unha parella da Coruña
Naturgy recoñece que foi un erro reclamar 7.000 euros de luz a unha parella da Coruña
A compañía xa anulou o cobro da cantidade reclamada por un "fallo puntual"
A nova factura que lles enviaron sáelles a pagar 64 euros
G24.gal
19/01/2022 18:55
Contábamoslles estes días o caso dunha parella da Coruña que recibiu unha factura de luz de case 7.000 euros. Pois ben, agora a compañía recoñeceu que foi un erro.
Naturgy informou os clientes de que anulou o cobro deses cartos. Explicáronlles que todo se debeu a un "fallo puntual" que están a investigar para que non se repita.
A parella declarouse sorprendida da rapidez con que se solucionou este erro que tanto susto lles causou. A nova factura que lles enviaron sáelles a pagar 64 euros.