Naufraga un barco con migrantes, hai centos de desaparecidos
Naufraga un barco con migrantes, hai centos de desaparecidos
O naufraxio foi fronte á costa de Grecia
Rescataron 106 persoas con vida e 79 cadáveres
Non se sabe cantas persoas ían no barco, crese que hai centos de desaparecidos
Un naufraxio ante a costa de Grecia deixa polo de agora 79 inmigrantes mortos
Traxedia migratoria na costa grega. Un pesqueiro naufragou no mar Xónico, fronte á illa de Pylos, cargado de xente. Rescataron con vida máis de cen persoas e agora buscan os desaparecidos. Son 79 os falecidos confirmados.
Non se sabe con certeza cantos migrantes podían viaxar na embarcación, fálase de entre 400 e 700. Os superviventes foron trasladados á cidade de Kalamata, onde recibiron atención médica, maiormente por hipotermia. Na mesma localidade interrogaron tres persoas sospeitosas de seren os traficantes.
O barco saíu de Libia e parece ser que quería chegar a Italia. Nel viaxaban maiormente mozos que rondan os vinte anos.