Publicador de contidos
Publicador de contidos

Navalia xa fixa os seus obxectivos para 2024: acceder con máis forza aos mercados asiáticos

Navalia xa fixa os seus obxectivos para 2024: acceder con máis forza aos mercados asiáticos

Para a próxima edición apostan por reforzar a súa presenza no mercado asiático

G24.gal 26/05/2022 14:31

A mellor edición da historia de Navalia. É a valoración que fan os organizadores desta feira despois do parón pola pandemia. Tamén se recuperan os contratos suspendidos pola guerra. O seu director, Javier Arnau, explica que "tanto en contratación de buques como en industria auxiliar hai bastante movemento: en construción de buques, remolcadores oceanográficos".

O sector naval vive un momento de boas perspectivas. Nesta feira, Marina Meridional asinou un contrato que devolverá a actividade ás instalacións do antigo estaleiro Vulcano. Juan Moreno, é o seu conselleiro delegado, e detalla que se trata da "construción dun pesqueiro de 80 metros de eslora para Pesca Chile. Hai demanda para construción de buques e eólica offshore"

A presenza internacional medrou de novo nesta edición un 20 %. Consolida a imaxe de Galicia como porta de entrada a Europa. Esa é a grande oportunidade, segundo, Sara Alcázar, do Grupo Eurored, que lembra que "estas feiras internacionais achegan a moitos clientes e proveedores de moitas partes do mundo"

Navalia xa fixa os seus obxectivos para 2024: acceder con máis forza aos mercados asiáticos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade