Publicador de contidos
Publicador de contidos

Neste remate da Semana Santa van operar en Galicia preto de 300 voos

Neste remate da Semana Santa van operar en Galicia preto de 300 voos

Santiago vive este domingo a xornada de maior actividade das vacacións

Entre o domingo e o luns hai programadas 272 conexións nos tres aeroportos

G24.gal 31/03/2024 15:11 Última actualización 31/03/2024 18:02

O Aeroporto Rosalia de Castro vive a xornada de maior actividade desta Semana Santa, con 86 voos programados este domingo.

Entre o domingo e o luns de Pascua, 272 conexións operarán en Galicia, 160 na terminal de Santiago. Entre as persoas que mancha hai moitos peregrinos.

"Foi marabilloso a pesar do tempo".

"Sabíamos que viñamos a esta terra vivir unha aventura e estivo moi ben".

"Fixemos cinco etapas e xa teño gañas de volver".

Nestes dous días de retorno, no aeroporto da Coruña hai 57 enlaces e no de Vigo 55.

"Foi unha viaxe moi aproveitada".

"Agora toca volver á rutina".

"Toca traballar", comentan os pasaxeiros.

Con máis ou menos ganas, toca coller as maletas e volver á rutina. Durante toda a Semana Santa máis de 1 200 voos operaron en toda Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade