Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nico Arrojo "Gañar esta proba era unha espiniña que tiña cravada"

Nico Arrojo "Gañar esta proba era unha espiniña que tiña cravada"

A valoración dos dous  vencedores  da San Silvestre lucense nos micrófonos da Radio Galega

G24.gal 01/01/2022 14:38

A vixésimo sétima edición da San Silvestre - Club Fluvial de Lugo tivo un vencedor local. Nico Arrojo, do Lucus, impúxose na liña de meta tras percorrer os máis de sete quilómetros da proba. Alí atendeu ao Galicia en Goles.

"Atopeime moi ben, custoume arrincar tralo confinamento pero xa nos últimos meses comecei a sentirme na forma que tiña hai uns anos. Tiña unha espiña cravada con esta proba xa que sempre quedaba segundo, tras o meu compañeiro Carlos Villamor, que este ano non puido vir. Para o ano tentarei estar de novo na saída para repetir éxito"

Na proba feminina a vencedora foi María Cedrón, que tras recuperarse do esforzo tamén atendeu á radio pública de Galicia.

"É un adestramento máis para preparar os obxectivos de xaneiro, que son os cros. Estou sumando quilómetros, é gratificante gañar. Desfrutando a última carreira do ano. O percorrido foi moi duro, moita costa e treitos de herba. Non era chan, foise levando"

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade