Este luns van operar 90 voos na Lavacolla ante o peche de Peinador en Vigo
Este luns van operar 90 voos na Lavacolla ante o peche de Peinador en Vigo
As aeroliñas reaxustan os servizos no Rosalía de Castro polo peche de Peinador ata o 30 de maio
As compañías de alugueiro de coches tamén reorganizan a frota en Santiago
A última hora deste domingo engalou das pistas de Peinador en Vigo o último avión que utilizará este aeródromo en maio. Os próximos 25 días vai estar pechado por obras. Agora a maquinaria toma as instalacións. Entre os que colleron a última aeronave do serán estaban os xogadore do Vilarreal, que xogaron contra o Celta en Balaídos pola tarde.
As empresas de alugueiro de vehículos que dan servizo no aeroporto de Santiago reorganizan o traballo ante a previsión dun aumento das reservas debido ao peche da terminal viguesa.
"Para este luns temos unhas 80 reservas e estamos reforzando un pouquiño a frota de coches que precisamos para cubrir a quenda de mañá".
"Suporá un 25 % extra de crecemento, absorberemos tanto a frota como as reservas que teña o aeroporto de Vigo dende este luns mesmo", contan dúas traballadoras.
Con Peinador pechado, as aeroliñas reaxustan os seus operativos. Dende o Rosalía de Castro este luns van operan 90 voos, dez máis que o luns pasado.
A capital galega contará temporalmente con máis conexións diarias a Madrid e ás Canarias. Tamén haberá algún reforzo a Barcelona.