As vendas de coche usado caen un 20 % en outubro
As vendas de coche usado caen un 20 % en outubro
Para o sector a caída non é tan acusada como no vehículo novo e encontraron unha saída nas vendas por Internet
A suba de prezos e a situación económica actual frearon o ritmo que collera este mercado no 2021 ante a escaseza de coche novo
Nunca houbo que botar tantos números á hora de mercar un coche como agora, tras dous anos de subas nos seus prezos. "Sobre todo o prezo, escapase moito do noso presuposto que xa tivemos que elevalo", conta unha moza que anda a busca de coche.
A escaseza de coche novo pola crise de semicondutores fai que moitos busquen vehículo no mercado do usado. "Busco un coche pequeno, entre 7.000 ou 8.000 euros ou de aí para abaixo pero é difícil atopalo", asegura outra posible compradora.
Aínda que hai demanda, o 2022 non está a ser tan bo como o ano pasado. A inflación freou as vendas. Segundo o último informe da Asociación Nacional de Comerciantes de Vehículos, só no mes de outubro caeron máis dun 20 por cento.
"No mercado de ocasión os prezos subiron no 2021 e a principios deste ano pero agora están estabilizados", asegura José Pardo, dono dun concesionario en Lugo.
Para o sector a caída non é tan acusada como no vehículo novo e encontraron nas vendas por Internet unha gran saída.
"Máis do 50 por cento véndese por Internet, si vendemos para fóra é porque nos chaman porque non atopan vehículos, temos mandado algún coche barato de 3000 euros para Cádiz", di Javier Barros, dono dunha compravenda de Lugo.
É o que busca o cliente, coche barato, de gasolina ou diésel. Os gustos non mudaron. E recorren a feiras como esta de Lugo para atopalo.