Preocupación dos veciños de Brandía pola licitación dunha gasolineira preto das súas vivendas
Preocupación dos veciños de Brandía pola licitación dunha gasolineira preto das súas vivendas
O proxecto inclúe un supermercado e dous surtidores de combustible
Desde o Concello aseguran que todo os informes son favorables
Preocupados e indignados din estar os veciños da urbanización de Brandía, á entrada de Santiago de Compostela, tras coñecer a concesión da licenza para a instalación dunha gasolineira nunha parcela pegada ás vivendas. Unha concesión que levan anos intentando evitar.
Cren que a contorna, con 132 vivendas, un parque infantil, unha fábrica de papel e un hotel moi próximo, non é axeitada para este tipo de instalacións, e que no Concello non se están a ter en conta todos os informes presentados.
Riscos aos que se unen os problemas na circulación que suporía esta instalación.
Os veciños seguirán a recorrer pola vía legal esta licitación para intentar paralizar a obra.
Desde o Concello aseguran que todos os informes perceptivos son favorables e que a modificación da Lei de hidrocarburos de 2013 permite esta instalación, unhas obras que deberían iniciarse no prazo de tres meses.