Publicador de contidos
Publicador de contidos

No Ribeiro piden que se instalen gaiolas para o xabaril

No Ribeiro piden que se instalen gaiolas para o xabaril

Ata mil exemplares se cazaron o ano pasado nesta comarca en batidas autorizadas

G24.gal 10/07/2023 21:11

Os estragos que o xabaril está a causar nos viñedos do Ribeiro traen de cabeza os viticultores. As batidas non fan o efecto desexado, e por iso piden medidas máis contundentes, como a instalación de gaiolas.

Unha preocupación que vai en aumento cada ano, porque o número de animais non para de medrar no Ribeiro, unha das zonas máis inzadas de xabarís de toda Galicia.

Ata mil exemplares se cazaron o ano pasado nesta comarca en batidas autorizadas.

Por iso, os viticultores afectados solicitan á Xunta que instale gaiolas para capturar o porco bravo, unha medida que, din, está funcionando noutras comunidades autónomas.

O problema vaise agravar, aseguran os colleiteiros, en canto a uva comece a madurar e se converta nunha gorentosa lambetada para o xabaril.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade