Noa e Martín, os nomes máis comúns dos nados en Galicia en 2022
Noa e Martín, os nomes máis comúns dos nados en Galicia en 2022
Noa, Sofía, Valeria, Olivia e Martina para as nenas e Martín, Mateo, Leo, Lucas e Hugo para os nenos
Noa e Martín situáronse en 2022 como os nomes máis comúns dos e das bebés nados en Galicia, superando a Sofía e a Mateo, que se situaron varios anos consecutivos á fronte desta lista.
Así se desprende da Estatística de nomes dos neonatos galegos de 2022, publicada este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE), que recolle que Noa, Sofía, Valeria, Olivia e Martina son os nomes femininos máis escollidos polos pais e nais galegos.
Desta maneira, no 'top 5' entra como novidade Olivia (en 2021 quedou en sétima posición) e sae Lara, que se situou como oitavo nome máis repetido en 2022.
Na lista completa tamén aparece en sexto lugar Lucía, seguida de Daniela e doutros nomes como Lara, Sara, Mía, Carmen, Beira, Lea, Valentina, Vega, Alba, Lola, Alma, Julia e Antía. Así, as novidades de 2022 son Alba, Alma e Antía, que substitúen a Sabela, Emma e Carla, que saen do 'top 20'.
En cando aos nenos, Martín, Mateo, Leo, Lucas e Hugo, por esta orde, son os nomes máis elixidos en 2022. Todos eles xa formaban parte do 'top 5' en 2021.
A listaxe complétase con Manuel, Enzo, Luca, Roi, Gael, Xoel, Antón, Marco, Pablo, Álex, Brais, Bruno, Thiago, Liam e Nicolás. Todos eles repiten menos Thiago, Liam e Nicolás, que entran no 'top 20' en substitución de Izan, Daniel e Alejandro.