Noia volve ao medievo celebrando as vodas de prata
Noia volve ao medievo celebrando as vodas de prata
Son vinte e cinco anos poñendo en valor o produto artesán
Hai actividades abertas e gratuítas durante todo o día ata o domingo
Noia volve ao medievo, e van xa 25 anos. Este ano celebran as vodas de prata, coidando o mellor valor que ten a feira, como recoñecen eles mesmos.
A min é das feiras medievais que máis me gustan porque son moi estritos coas normas, que é o que nós queremos
Primeiro, polo artesáns. Elíxense artesáns bos, que traballan coas mans e con calidade. Para que sexa un mercado medieval de verdade
Hoxe é o día da xente da casa, dos de Noia, dos que nunca fallan.
Aproveitamos o primeiro día para vir pola mañá, que hai menos xente, e podemos ver todo o que hai exposto. Pola tarde, xa nada. Vés comer e beber.
Valoramos moito o traballo artesán, que se faga á man e o esforzo.
Comprei unha funda para o pandeiro e a pandeireta e así non teño que andar arrecadando as cousas.
Pasa moita xente e entre eles os grupos tradicionais que son aos que lles interesa o meu e tamén cousas para a festa medieval. Hai camisas de liño que a xente as leva para a festa medieval.
Son catro días de actividades de todo tipo. Entre as máis vistosas, a cetrería. Eles son auténticos expertos en captar miradas, atencións e tamén novos adestradores, coma estes dous irmáns.
Levarlle os falcóns, voalos, darlles de comer. O primeiro é perderlles o medo.
Pola mañá os galáns son eles, pero desta hora os postos estrela son estes. Hai variedade e diversidade, comidas de todo o mundo e da nosa, para coller folgos e que siga a festa.