Non consegue que retiren o poste de telefonía que caeu no seu xardín hai máis de dous meses
Non consegue que retiren o poste de telefonía que caeu no seu xardín hai máis de dous meses
A tensión dos cables ameaza con facer caer outro poste no patio da casa
A veciña da Samieira, en Poio, di que está cansa de chamar a empresa para que o arranxen
Debaixo dunha morea de hedras está o poste da liña telefónica que se derrubou cos temporais de outubro no xardín de Pilar, unha veciña da Samieira, en Poio. De momento quedou medio en pé amparado nun laranxeiro e nos cables que o unen ao o poste contiguo, que xa acusa a sobrecarga. Esta fora do seu predio, pero xusto ao carón do seu patio, mesmo enriba da billa do pozo no que vai coller auga todos os días.
"Estou cansa de chamar cada semana; levo dous meses e medio... pero non ven ninguén quitalo".
Pilar moveuse desde o primeiro momento para que arranxaran tanto o poste que caeu no xardín como o que ameaza a parte frontal da casa, pero polo de agora sen éxito. En vista da falta de resposta por parte de Movistar, decidiu denunciar publicamente a situación, e estuda outras posibles medidas para evitar males maiores.
"O poste vai indo para abaixo para a casa do veciño, antes de que ocorra unha desgraza teñen que solucionalo".