Non hai palloza sen palla e os teitos do Piornedo precisan ser reparados
Non hai palloza sen palla e os teitos do Piornedo precisan ser reparados
Os veciños do Piornedo pídenlles ás administracións axudas para arranxar as pallozas
Din que teitar unha palloza enteira pode custar 100.000 euros
Os veciños do Piornedo reclaman axudas para conservalas, porque din que non poden asumir os gastos de arranxo dos tellados. Din que sendo bens de interese cultural precisan das Administracións para mantelas, aínda que sexan propiedade privada.
Ernesto Arias revisa na palla de centeo que precisa para teitar a súa palloza. A asociación Teitos do Piornedo fixo a mallega o domingo pasado pero nin teñen centeo abondo nin é un traballo barato.
"Estamos poñendo o posible da nosa parte pero é imposible que eu poida mantela en pé".
El naceu aquí e os últimos en vivir nela foron seus tíos, ata os anos 70. Quédalle moita pena de que se bote a perder.
"Deste inverno non libra porque ao xear e vir a neve, sae todo para fóra porque está todo perdido".
O arranxo do teito todo pode chegar aos 100.000 euros, segundo el di, e por iso desde a asociación reclaman axudas da Consellería de Cultura e da Deputación de Lugo, que tiveron noutras ocasións e que agora non reciben.
A Deputación solicitou en marzo axudas dos fondos da Unión Europea para territorios protexidos pola UNESCO, como son os Ancares, nas que se establecen 91.000 euros para teitar as súas construcións máis representativas.