Publicador de contidos
Publicador de contidos

Non hai prazos para que o porto de Baltimore volva estar operativo

Non hai prazos para que o porto de Baltimore volva estar operativo

Trabállase na apertura dunha canle que permita un tráfico limitado

G24.gal 30/03/2024 14:25 Última actualización 30/03/2024 15:20

Retirar da auga as toneladas de cascallos ás que quedou reducida a ponte é un labor difícil e perigoso, e especialmente delicado porque aínda non se recuperaron os corpos de catro das seis vítimas mortais do accidente.

Os analistas máis optimistas esperan que polo menos se poida abrir nun mes unha canle que facilite un tráfico limitado de barcos.

O gobernador do Estado de Maryland dixo que nas próximas semanas contan con ter sete guindastres e máis dunha trintena de embarcacións de apoio traballando na zona.

O guindastre máis grande da costa leste, que pode levantar pezas de mil toneladas, xa está operando no lugar, pero hai que fragmentar os cascallos. Sobre o cargueiro que botou abaixo a ponte, por exemplo, quedaron partes de ata 4.000 toneladas.

Cando se libere unha canle navegable, o segundo obxectivo será retirar o cargueiro, para seguir despois coa limpeza da baía. A construción posterior dunha ponte nova non ten prazos pero se aventura que pode custar 1.000 millóns de dólares.

Os traballadores da construción rendéronlles unha homenaxe aos finados, seis operarios de orixe hispana que estaban arranxando a calzada da ponte cando caeu. Os asistentes denunciaron que os migrantes son moitas veces demonizados e que están desprotexidos e reivindicaron a súa contribución ao país.

O presidente Biden aínda non foi a Baltimore. Asegura que o fará a semana que vén.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade