Publicador de contidos
Publicador de contidos

As peixerías, sen remuda xeracional

As peixerías, sen remuda xeracional

Os mais novos non queren traballar nas peixerías

Os profesionais din que habería que atraer os máis novos con Formación Profesional

Salientan que a vida nunha peixería é mais cómoda que na hostalería

G24.gal 14/03/2023 13:31

O de Olaia Suárez, da peixería Julia Quinteiro Fresh Seafood, é un caso pouco frecuente. Traballou anos no márketing dixital e deixouno todo para tomar as rendas da peixería da súa nai. Vende na praza, pero tamén online en toda España, e manda a diario vídeos cos produtos as súas listaxes de distribución. Recoñece que estaba farta de viaxar polo seu traballo e que dedicarse ao negocio familiar lle permite ter horarios mais ordenados e mellor calidade de vida.

Pouca xente nova se anima. Faltan peixeiros nas prazas, poucos queren ir á lonxa antes de que saia o sol, mercar o peixe, repartilo, poñer prezos e subir a reixa para atender a clientela. Din que falta canteira, entre outras razóns porque tampouco hai unha formación regrada. Tamén quitan ferro ao seu traballo, e cren que lles garante unha boa calidade de vida. 

Joana Díaz, da peixería Devigoalmar, salienta que agora os mozos só queren traballar en cousas de redes socias e non queren manchar as mans. A súa compañeira Ayari García considera que deberían facer uns estudos regrados coma os que hai da Escola de Hostalería para animar as xeracións mais novas. 

Dende hai tres anos, a Xunta impulsa o programa ES-Transforma para recuperar negocios sen remuda xeracional, que se suma ás campañas para incentivar o consumo de produtos pesqueiros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade