Unha familia de Chapela, Redondela, non pode aparcar no seu garaxe pola caída dun poste de telefonía
Unha familia de Chapela, Redondela, non pode aparcar no seu garaxe pola caída dun poste de telefonía
Unha familia de Chapela, Redondela, non pode aparcar no seu garaxe pola caída dun poste de telefonía
O poste de telefonía caeu nunha curva e a zona está en obras dificultando a circulación
Unha familia de Chapela, en Redondela, non pode aparcar o coche no garaxe da súa casa. A culpa é dun poste de telefonía que caeu diante da vivenda por mor dun temporal. Un mes despois ninguén lle dá solución.
A propietaria, María Ares, explica que estaba moi deteriorado e o vento tirouno. O pau e os cables caídos impídenlle agora o acceso co seu vehículo o garaxe e ten que aparcar na rúa.
Non é o único poste de telefonía deteriorado e en risco de caída na zona. Os veciños temen pola seguridade dos vehículos e dos peóns e pensan que deberían ser revisados para evitar incidentes.
O poste de telefonía caeu nunha curva e a zona está en obras dificultando a circulación. Os condutores deben facelo con moita máis precaución, xa que é unha estrada estreita.
María Ares xa deu parte da incidencia á compañía de telefonía, pero case un mes despois seguen sen resposta. Esixen solucións para deixar de aparcar o seu coche na rúa e evitar outros riscos para a veciñanza.