Non sobe o prezo do tabaco pese a estar previsto no plan de control do tabaquismo
Non sobe o prezo do tabaco pese a estar previsto no plan de control do tabaquismo
A medida estaba prevista no Plan Nacional de Prevención e Control do Tabaquismo 2024-2029
Os consumidores consideran que a subir os prezos non é a solución para evitar o consumo
Este martes o consello de ministros aprobaba o Plan Nacional de Prevención e Control do Tabaquismo 2024-2027, inicialmente prevía unha suba de prezo para reducir o consumo, que finalmente non se fixo.
A non implantación da medida foi cuestionada por asociacións como Nofumadores ou a Organización Mundial da Saúde, que chegou a cifrar nun 4 % a baixada do consumo ante un incremento do 10 % dos prezos.
Nos estancos de Vigo non se percibe esa sensación. Os estanqueiros consideran que nin as restricións de hai anos de fumar en hostalería reduciron o consumo. Non obstante, si consideran que houbo un transvasamento do tabaco industrial cara ao tabaco de liar.
Os consumidores entrevistados consideran que un maior prezo non vai supor menor consumo.
Os médicos apostan pola educación e por lembrar todas as doenzas que xera o consumo do tabaco desde as respiratorias ata varios tipos de cancro. Tampouco teñen claro que a baixada de prezo implique menor consumo segundo o criterio da internista viguesa: Laura González Vázquez.