Nova edición dos bonos comercio para incentivar as compras con descontos
Nova edición dos bonos comercio para incentivar as compras con descontos
A liña de axudas podería xerar 8,5 millóns de euros en compras
Poderán usarse a partir do 15 de maio a través dunha aplicación
O bono ten por obxectivo incentivar o consumo e reducir o impacto da inflación das familias. Os descontos varían en función da contía da compra. Vai entre os 5 e os 30 euros. É unha forma de animar a comprar nos negocios de proximidade.
É a terceira edición desta liña de axudas. A Xunta achega 2 millóns e medio de euros, que calculan que xerarán oito millóns de euros en compras. Son os consumidores os principais beneficiarios.
Para facer uso do bono hai que descargar a aplicación na web. Teñen formato dixital QR e desta volta non se limitará o número de usuarios. Rematará cando se esgote o orzamento disposto. Os bonos poden solicitarse a partir do 15 de maio e poderán utilizarse ata o 15 de setembro.