Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha nova liña de autobuses une Vigo e os polígonos da Granxa e As Gándaras

Unha nova liña de autobuses une Vigo e os polígonos da Granxa e As Gándaras

Catro frecuencias en cada sentido, adaptadas aos horarios de entrada e saída das empresas, buscan principalmente dar servizo aos traballadores 

G24.gal 06/06/2023 14:02

Xa está en funcionamento unha nova liña de autobuses que enlaza Vigo cos polígonos industriais da Granxa e As Gándaras no Porriño. Trátase dun servizo especialmente pensado para os traballadores. 

Hai catro frecuencias de ida e catro de volta adaptadas aos horarios máis habituais de entrada e saída das empresas. O primeiro autobús sae ás 5 da mañá de Vigo e o último ás nove da noite, e teñen regreso dende as 6:50 da mañá ata as 11 menos dez da note.

O percorrido completo, dende a estación de autobuses de Vigo ata Cablería Auto dura uns 50 minutos con 9 paradas no percorrido, seis delas son de nova creación nos polígonos industriais.

Nos polígonos da Granxa e As Gándaras traballan preto de 8.000 persoas en 200 empresas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade