Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen polo menos nove persoas nunha operación contra o narcotráfico na Costa da Morte e na Arousa

Deteñen polo menos nove persoas nunha operación contra o narcotráfico na Costa da Morte e na Arousa

Os axentes da policía están despregados nestes momentos na Illa de Arousa, Muros, Cee, Fisterra, Corcubión e Carballo, onde xa se realizaron varios rexistros

Deteñen un narco en Sanxenxo fuxido desde 2016 vinculado ao alixo do Ratonero

G24.gal 23/10/2024 09:49 Última actualización 23/10/2024 20:10

Axentes da policía despregaron este mércores un novo operativo contra o narcotráfico na Costa da Morte e ramificacións na comarca de Arousa, con rexistros en vivendas e locais da Illa de Arousa, Muros, Fisterra, Cee, Carballo e Corcubión.

O xulgado declarou a causa secreta e ata agora só transcendeu que hai polo menos nove persoas detidas.  O foco dos investigadores estaría posto nunha rede de distribución de cocaína a mediana escala e nos seus provedores.

A macrorredada antidroga desenvolveuse de xeito simultáneo en polo menos sete puntos da Costa da Morte. En Cee a Policía Nacional efectuou rexistros en dúas vivendas. Os veciños dunha delas contan que os axentes tiraron a porta abaixo e marcharon cun detido. Na outra non estaba quen buscaban, pero acabaron prendéndoa en Fisterra.

Situacións semellantes repetíronse en residencias e locais de  Carballo, Coristanco ou Carnota, que nas últimas horas recibiron a visita de membros das unidades antidroga e contra o crime organizado da Policía Nacional. No foco dos investigadores estaría unha rede de distribución de cocaína a mediana escala e os seus provedores.

O dispositivo policial chegou tamén ata unha vivenda da Illa de Arousa, onde os axentes realizaron un rexistro, pero non hai constancia de que fixeran detencións.

A operación antidroga está dirixida por  un xulgado de Corcubíón e nela participan axentes das unidades UDYCO e Greco da Policial Nacional e axentes de Vixilancia Aduaneira. As dilixencias están declaradas secretas. Só transcendeu que hai polo menos nove detidos, que se incautou cocaína e outros estupefacientes e que tamén se estaría investigando o branqueo de capitais procedente  do tráfico de drogas.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade