Nova Xeracións do PPdeG elixe nova presidenta
Nova Xeracións do PPdeG elixe nova presidenta
Alfonso Rueda instou os mozos a que actúen e non se resignen neste momento político porque, dixo, "ninguén é máis ca ninguén".
Alfonso Rueda participou no XI Congreso de Novas Xeracións de Galicia. Acompañou a nova presidenta, Nicole Grueira, que tivo o 91,5 dos apoios, e reivindicou o dereito da mocidade a decidir o seu futuro.
A xente moza ten moitísimo que dicir na Galicia do futuro. Eu con todo o respecto pero con toda a potencia de dicir que me vou baleirar para conseguilo, pídovos o mesmo compromiso.
Di Rueda que Galicia ten que reivindicar o seu.
Galicia vaivos necesitar neste momento moitísimo. Temos en xogo agora mesmo ser ou non ser. Xogamos dicir que aquí estamos, como unha comunidade reivindicativa do noso, sen querer que lle quiten nada a ninguén, pero sen permitir que nos quiten absolutamente nada. Cremos neste país e no conxunto que formamos entre todas as comunidades autónomas. Queremos ser protagonistas, como o que máis.
A mocidade nin se conforma nin se resigna, segundo Alfonso Rueda, a que en España se perda a liberdade e a igualdade.