Quince detidos tras unha nova noite de protestas en Ferraz
Quince detidos tras unha nova noite de protestas en Ferraz
Os arrestos producíronse despois de que os radicais lanzasen bengalas, botellas e outros obxectos ás forzas de seguridade
Quince persoas detidas este mércores tras os disturbios ocorridos ao final da manifestación en protesta contra a lei de amnistía nos arredores da sede central do PSOE en Madrid.
A manifestación, en que participaron unhas 2.000 persoas segundo a Delegación do Goberno, transcorreu de forma tensa case desde o principio e no medio dun dispositivo de seguridade maior que o de xornadas precedentes.
Despois de que varios grupos de radicais lanzasen bengalas, botellas e outros obxectos ás forzas de seguridade e tratasen de empuxar os valos de protección, os axentes das Unidades Policiais de Intervención (UIP) cargaron con porras e pelotas de goma para dispersar os concentrados.
Fontes do Samur-Protección Civil, confirmaron que atenderon a nove persoas na noite de onte, unha das persoas era policía. Foron atendidos por feridas leves, a maioría sufrían contusións e non se fixo ningún traslado hospitalario
As cargas reproducíronse pouco despois nas rúas contiguas de Marqués de Urquijo e Juan Álvarez de Mendizábal, en que algúns radicais fixeron barricadas con contedores de lixo.