Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nove enormes pezas prefabricadas convértense no 6º e 7º piso dun inmoble da Coruña

Nove enormes pezas prefabricadas convértense no 6º e 7º piso dun inmoble da Coruña

A arquitectura modular emprégase por primeira vez en Galicia para engadir alturas a un edificio

G24.gal 02/08/2024 14:58

A construción aposta polos módulos prefabricados para loitar contra a falta da man de obra no sector e evitar a penosidade dos traballos á intemperie. Unha empresa galega acaba de dar un gran paso de innovación neste terreo, usando estes grandes módulos  para rehabilitar un edificio na Coruña. 

Foi unha operación tecnicamente moi complexa que esixiu despregar vehículos especiais e grandes guindastes en pleno centro para instalar nove módulos sobre o último andar da construción inicial, que grazas a esta intervención engade dúas alturas e catro vivendas máis.

Como casas que flotas e coa mesma precisión coa que se colocaría coidadosamente unha caixiña sobre un estante, nove módulos de gran tamaño acabaron por se converter no sexto e no sétimo andar dun edificio da praza de Catro Camiños. 

"É un edificio da primeira metade do século pasado, feito en formigón. Para facer o engadido das dúas plantas quixemos facelo de xeito que se respectase o edificio orixinal sen intervir demasiado, como pousándonos enriba del", explicou Jorge Vázquez, do Estudio de arquitectura Dousdevinte 

"O máis normal é ver construción modular ou industrializada en vivendas de planta baixa, e si é verdade que aquí en Galicia é a primeira vez que se amplía un edificio en altura desta maneira", engadiu Sergio Sampedro, o director de Emsamble, a empresa que construíu os módulos. 

Son unha estrutura de aceiro e formigón, e moi ben illados. Fixéronse en só dous meses e colocáronse nun só día. Son edificios moi ben illados, pasivos e con consumo case nulo de enerxía".

Foi unha execución de obra rápida, precisa, que minimiza as molestias e o impacto ambiental e que, no momento da colocación, se converteu nun espectáculo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade