Publicador de contidos
Publicador de contidos

Novo altercado cun ferido no edificio ocupado da rolda de Nelle

Novo altercado cun ferido no edificio ocupado da rolda de Nelle

Un home acabou no hospital e lanzáronse obxectos contundentes ao patio de luces

Medo e fastío entre os veciños, que aseguran que o conflito vai a peor

G24.gal 13/06/2024 14:40

Un home ferido, gritos, un televisor e un armario tirado ao patio de luces. É o saldo que deixan os últimos altercados neste conflitivo edificio da ronda de Nelle. Os veciños están desesperados e atemorizados, tanto que xa ningún se atreve a falar, nin de costas á cámara.

"Está toda a veciñanza asustada, ameazan a xente e non se cortan, hai roubos, pelexas, delinquen. Todos o vemos e temos que calar", di un veciño anónimo.

Están fartos de que ninguén poña fin a un conflito que, din, vai a peor cos anos. Aseguran que o perfil dos ocupantes mudou, e agora son violentos e trafican con droga. Esta mesma mañá testemuñamos como a policía cacheaba un deles na rúa.

"Vémolo a plena luz do día, venden droga, veñen xonquis comprar. Desmandouse totalmente o tema, antes eran familias pero agora son delincuentes", di o veciño.

Algúns comercios traballan a porta pechada para evitar problemas. Nos bloques lindeiros din que non poden durmir polo ruído e teñen medo de que algún día haxa unha desgraza. 

"Non teñen auga e rouban a luz, eu teño medo de que un día haxa un incendio, é todo unha pena. Ademais tiran lixo e hai cristais que poden caer á rúa, é un perigo pasar por aí", lamenta outra veciña anónima.

O Concello tivo que retirar toneladas de lixo das zonas comúns, houbo inundacións, liortas, lanzamento de obxectos e agora tamén ameazas aos veciños, os mesmos que se preguntan que máis ten que pasar para espertar do pesadelo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade