Publicador de contidos
Publicador de contidos

Novo avance no tratamento do cancro de páncreas

Novo avance no tratamento do cancro de páncreas

O medicamento prolonga a vida de doentes con esta enfermidade algo máis de dous meses

O Instituto de Oncoloxía do Val d,Hebron participou nun ensaio internacional
G24.gal 21/01/2023 20:07 Última actualización 21/01/2023 23:14

O novo fármaco, denominado NALIRIFOX, é o resultado da mestura de catro medicamentos habituais no tratamento do cancro de páncreas. Este tratamento está destinado aos doentes que non poden ser operados, que son o 80 % dos afectados por esta enfermidade.

"É neste grupo de doentes, que non son candidatos a unha cirurxía, nos que probamos este novo fármaco. É dicir, iría destinado a enfermos que non poden ser operados, e polo tanto o obxectivo do tratamento é que poidan vivir máis e mellor, xa que controlamos a enfermidade e eles polo tanto teñen unha mellor calidade de vida", sinala Teresa Macarulla, investigadora no Instituto de Oncoloxía do Hospital Vall d'Hebron.

Dous meses máis

O novo medicamento é o resultado dun ensaio internacional no que participaron 770 doentes. Os que recibiron o tratamento experimental sobreviron dous meses máis que os que recibiron os medicamentos habituais.

"É un paso máis, evidentemente temos que seguir traballando sobre esta melloría, hai que seguir loitando para seguir ampliando a cantidade de fármacos para tratar os nosos doentes", engade.

Próxima autorización

Os investigadores confían en que o NALIRIFOX sexa autorizado con máis rapidez do normal, xa que os catro medicamentos que o compoñen xa están validados polas autoridades para o seu uso en oncoloxía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade