Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha casa abandonada de Moaña volve ser obxecto dun novo conato de incendio

Unha casa abandonada de Moaña volve ser obxecto dun novo conato de incendio

Os veciños denuncian que estes inmobles son usados para facer festas ou pasar a noite 

G24.gal 09/01/2023 13:14

Nas últimas horas os servizos de emerxencia tiveron que actuar nas vivendas abandonadas de Sanchilán, en Moaña, por mor dun conato de incendio. Afortunadamente quedou nun susto.

Alguén prendeu lume nun somier. Non é a primeira vez que sucede. Din os veciños que estes inmobles son elixidos por grupos de persoas que se reúnen para facer festa ou pasar a noite e as cousas non sempre rematan ben.

Son casas abandonadas dende hai anos. Realmente non remataron a súa construción e os veciños quéixanse de que o estado de abandono da zona ten consecuencias na súa vida cotiá. Din que xa informaron o depratamento de urbanismo do Concello pero polo de agora non tiveron resposta.

Agardan que a solución chegue canto antes para que as consecuencias non sexan máis graves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade