Publicador de contidos
Publicador de contidos

Novo edificio ocupado no centro da cidade da Coruña

Novo edificio ocupado no centro da cidade da Coruña

A Policía Local xa puxo vixilancia na zona

Os veciños temen que esta situación complique a convivencia 

G24.gal 12/01/2022 16:49

Novo edificio ocupado na Coruña en pleno centro da cidade e xusto cun bar na local de abaixo. A Policía Local vixía a zona, pero os veciños están intranquilos coa situación.

Polo momento os okupas non están a causar demasiados problemas salvo ao dono e aos clientes habituais do bar do mesmo número, segundo contan os veciños. 

Móvense por varios pisos dun inmoble abandonado da rúa Barrera en plena zona de viños da cidade herculina. Algúns temen que esta nova ocupación complique a convivencia na contorna.

Como é habitual nestes casos, aos okupas non lles fixo graza a presenza das cámaras, e cando saíron rexeitaron facer calquera tipo de declaración.

Só dixeron que eles non son os únicos okupas da cidade. Certo que nos últimos tempos esta problemática estase a reproducir en varios puntos da cidade, sobre no todo no barrio dos Mallos.

Na rúa Barrera levan arredor dun mes e a súa presenza afecta de xeito directo o bar O Corno e máis indirectamente o resto da contorna.

Os veciños aseguran que polo momento non causaron problemas, pero temen que poidan xurdir en calquera momento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos