Publicador de contidos
Publicador de contidos

Novo golpe ao marisqueo en Ferrolterra por mor da toxina lipofílica

Novo golpe ao marisqueo en Ferrolterra por mor da toxina lipofílica

Estanse realizando novas analíticas e, polo momento, descoñécense cando volverán á zona do Couto

G24.gal 16/05/2023 15:05 Última actualización 16/05/2023 15:23

A toxina lipofílica obrigou a pechar temporalmente as bateas da ría de Ares e a do porto exterior de Ferrol e, desde as confrarías de Barallobre e Ferrol, sinalan o Concello de Neda como o responsable.

Estará pechada polo menos unha semana, que será cando obteñan os resultados da nova analítica.

Un peche que está a afectar uns corenta mariscadores, de embarcación e a pé, das confrarías de Ferrol e Barallobre que, desde mediados de xaneiro teñen que levar o produto capturado depurar á batea do porto exterior de Ferrol.

Agora, a apertura da zona do Couto vai depender, segundo os expertos, da climatoloxía, sobre todo do vento, e tamén das correntes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade