Publicador de contidos
Publicador de contidos

Novo plan asistencial de sanidade para reducir as listas de espera en Galicia

Novo plan asistencial de sanidade para reducir as listas de espera en Galicia

O obxectivo é reducir nun 26% a espera para operarse e que a demora media non supere os 54 días

Tamén se quere abreviar a espera para consulta co especialista a 42 días

O Sergas incrementará así a súa actividade extraordinaria tanto en atención primaria coma nos hospitais para lograr chegar e tamén mellorar as cifras de 2019, previas á pandemia

G24.gal 14/01/2023 16:08 Última actualización 14/01/2023 16:17

O obxectivo é o de reducir un 26% a espera para operarse, é dicir, que a demora media non supere os 54 días, pero tamén queren minimizar o tempo para obter cita co especialista para que a agarda non sobrepase os 42 días. Así o apuntaba en Vigo o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

Polo tanto imos facer un esforzo adicional. Imos pedir aos profesionais, un esforzo adicional aos que traballan con nós xa, pero tamén contratando nesas especialidades, nesas categorías en que podemos contratar. Evidentemente nas categorías nas que hai dificultades será difícil polo que teremos que pedirlles tamén aos nosos profesionais, tamén por especialidade, que traballen en xornadas de tarde.

Isto vai incrementar a actividade de maneira exponencial en hospitais e centros de saúde. Fomentaranse os programas dirixidos a mulleres, infancia, adolescencia e os maiores de 90 anos. Unha das prioridades deste plan está na atención aos pacientes crónicos.

Os hospitais comarcais poranse a disposición de calquera profesional da área sanitaria. Este plan asistencial quere recuperar así as cifras de antes da pandemia, xa que 2019 foi o ano con menores tempos de espera. Unha media de 41 e 54 días, respectivamente, para consultas e operacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade