Publicador de contidos
Publicador de contidos

Novo proxecto de Adolfo Domínguez ADN RENT, un servizo de alugueiro de roupa e complementos

Novo proxecto de Adolfo Domínguez ADN RENT, un servizo de alugueiro de roupa e complementos

O obxectivo: ter armarios que non estean cheos de pezas que non poñemos

G24.gal 19/09/2023 14:25

A nova proposta de Adolfo Domínguez para ir cara a un modelo de consumo de roupa máis sostible, máis pausado e máis pensado, é ADN RENT.

O obxectivo deste servizo de alugueiro de roupa e complementos da marca é que teñamos armarios máis eficientes que non estean cheos de prendas que non poñemos.

"A realidade é que ás veces mercamos roupa que non poñemos nunca ou só poñemos unha vez, ou ben porque é para un evento especial ou porque nos gusta moito pero non encaixa co noso estilo", asegura o director de comunicación de Adolfo Domínguez, Carlos Arjiz.

E aí precisamente encaixa ADN RENT, unha alternativa á compra desmedida que fomenta a moda rápida, pero que non nos quita a alegría de estrear roupa.

"ADN RENT é un servizo de alugueiro que está dispoñible na nosa web e no que podes dispoñer de roupa e complementos tanto de home coma de muller. O proceso é moi sinxelo: seleccionas a peza e podes alugala por 4 ou 8 días", di Carlos Arjiz.

Esta innovación na forma de consumo é ademais un dos motores de crecemento de Adolfo Domínguez, que o ano pasado aumentou un 24 % as súas vendas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade