Publicador de contidos
Publicador de contidos

Novo atraso nos trens Avril: non chegarán ata decembro

Novo atraso nos trens Avril: non chegarán ata decembro

O Ministerio confirmou que os trens non circularán ata o primeiro trimestre de 2024

A Xunta volverá a reclamar prazos claros para o funcionamento dos Avril en Galicia

G24.gal 29/09/2023 18:22

O secretario de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana en funcións, David Lucas, informou de que Talgo non comezará a entregar as primeiras unidades dos trens Avril ata decembro. 

O secretario de Estado indicou que, a partir do momento en que se produza a entrega dos primeiros trens, se iniciarán as probas para a posta en marcha da liña. O Ministerio asegura que, se todo vai segundo o previsto, os novos trens poderían entrar en funcionamento no primeiro trimestre de 2024.

Na campaña ás eleccións xerais a ministra de Transportes, Raquel Sánchez, asegurara que a previsión do Ministerio era que os trens Avril circularan xa en novembro deste ano, unha data que non se cumprirá tras acumular varios atrasos.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, reunirase o próximo 4 de outubro co secretario de Estado de Transportes e xa adiantou que reclamará prazos claros para a chegada dos Avril a Galicia. 

Nos últimos días a conselleira volveu a criticar os continuos atrasos e dixo que a última data anunciada por Raquel Sánchez -novembro deste ano- foi "outro engano máis en campaña electoral". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade