'O Rambo galego' rouba comida nunha casa de Valdoviño
'O Rambo galego' rouba comida nunha casa de Valdoviño
A Garda Civil amplía o seu radio de busca e céntrase na zona do concello de Valdoviño
Os paisanos contan que tamén rompeu a porta dunha vivenda
Os veciños da comarca de Ferrol seguen dando pistas de por onde se move Alfredo Sánchez Chacón, o Rambo galego. Na madrugada deste luns vírono en Donelle, na parroquia valdoviñesa de Loira. Alí accedeu a unha vivenda trepando polas reixas ata a terraza onde abríu unha ventá e meteuse dentro. Baixou á cociña -pasando polo cuarto de José, o seu propietario, que estaba durmindo- e levou unha morea de alimentos. Enriba da mesa había arredor de nove euros, pero os cartos non os levou.
Os paisanos contan que tamén rompeu a porta dunha casa próxima, malia que descoñecen se pasou alí dentro a noite.
O caso é que este novo roubo de comida nunha vivenda levou á Garda Civil a ampliar o seu radio centrando agora a busca do coñecido como Rambo galego pola zona do concello de Valdoviño.