Publicador de contidos
Publicador de contidos

Inquedanza entre os autónomos polo compromiso do Goberno central con Bruxelas sobre a suba das cotas

Inquedanza entre os autónomos polo compromiso do Goberno central con Bruxelas sobre a suba das cotas

 O plan pasa por un incremento gradual que comezaría a aplicarse a partir de 2026

O Goberno central comprometeuse con Bruxelas a que no 2032 as cotizacións suporán un 0,5 por cento do PIB do país

G24.gal 23/02/2023 14:45

Denuncian que o comprometido con Bruxelas por parte do Goberno non está no acordado cos autónomos.

O novo réxime de cotizacións que entrou en vigor o un de xaneiro foi pactado entre o Executivo central, a patronal, os sindicatos e os representantes dos autónomos con vixencia ata o 2025. 

O Goberno comprometeuse con Bruxelas a que no 2032 as cotizacións suporán un 0,5 por cento do PIB do país. Para cumprir este obxectivo os autónomos terán que aumentar os seus ingresos á Seguridade Social nun 50 por cento. 

Para os autónomos, o plan contempla unha suba gradual das cotas desde 2026 para igualar as cotizacións coas dos asalariados. 

En principio, esta reforma contaría co visto e prace da Comisión Europea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade