Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nueva Pescanova rebaixa a 82 os despedimentos ao constituír a mesa do ERE

Nueva Pescanova rebaixa a 82 os despedimentos ao constituír a mesa do ERE

As partes teñen 30 días por diante, ata o 26 de outubro, para tratar de pechar un acordo

G24.gal 26/09/2023 15:05

O ERE que Nueva Pescanova expuxo aos traballadores da compañía empezou a negociarse este martes no Auditorio Mar de Vigo, un encontro no que se constituíu a mesa negociadora e ao que a empresa se presentou cun plan de 82 despedimentos en lugar do centenar que anunciara cando comunicou o Expediente de Regulación de Emprego.

Así o trasladou, á conclusión da reunión, Ana Caride, presidenta do Comité de Empresa, quen explicou que están afectadas catro empresas, tres do centro de Chapela (Pontevedra) e unha de Madrid.

A reunión, de hora e media, foi a primeira toma de contacto entre as partes implicadas. Nesta cita asinouse a acta de constitución, produciuse a entrega de documentación por parte da empresa e estableceuse o 5 de outubro como primeira reunión, que será de información e que, por agora, non ten sede porque coincide coa feira de Conxemar.

As partes teñen 30 días por diante, ata o 26 de outubro, para pechar un acordo, aínda que os representantes dos traballadores expuxeron que o tempo "non sexa un problema" e mostráronse dispostos a ampliar o prazo.

"Foi unha reunión de contacto, con bos propósitos por parte de todos. Nós vimos de boa fe", indicou Caride, que avogou por "loitar o máximo posible para que sexa o menos doloso posible" e desexou que haxa "boa disposición" por parte da empresa e de Abanca, "a máxima accionista".

O expediente de regulación de emprego de Nova Pescanova ía afectar inicialmente a 100 traballadores dun persoal de 335 persoas das oficinas centrais e corporativas.

Propiedade da financeira galega Abanca, a empresa está inmersa nun proceso de negociación para a venda de parte do seu capital á multinacional canadense Cooke. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade