Publicador de contidos
Publicador de contidos

Núñez Feijóo: "Os nosos principios nin se poxan nin se someten a ameazas".

Núñez Feijóo: "Os nosos principios nin se poxan nin se someten a ameazas".

Logo de que VOX rompese os pactos de goberno co PP en todas as comunidades autónomas, Alberto Núñez Feijóo mantén que non vai admitir "chantaxes"

O Presidente do PP reafírmase na defensa de España como unha nación de cidadáns libres, iguais e solidarios

G24.gal 13/07/2024 14:52 Última actualización 13/07/2024 17:30

"Que o PSOE non as prometa moi felices, co capote que lle deu os líderes nacionais de VOX. O cambio é imparable, eles equivocáronse de persoa presentando unha chantaxe, pero nós non nos imos a confundir de adversarios nin de prioridades, nin de obxectivos", 
 

Alberto Nuñez Feijóo mantén que acordos puntuais co executivo de Pedro Sánchez non o desviarán do seu camiño que, dixo, é ofrecer unha alternativa de goberno.

"Quen pretenda un espectáculo que non conte con nós, porque nós dedicamos as cousas serias da xente. O que estea para si mesmo, que saiba que nós estamos para o conxunto de España".  

Tras a decisión de Santiago Abascal de romper os  pactos de Goberno co PP en todas as comunidades, o líder dos populares reafirmase na defensa de España como unha nación de cidadáns libres, iguais e solidarios.

"Os españois poden estar seguros que imos defender os nosos principios. Non se van sacar a poxa, como fixo este goberno e tampouco se van someter a chantaxe de ninguén, e cando digo ninguén é de ninguén custe o que custe.  Eses son uns principios, o resto é pura comenencia".
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade