Publicador de contidos
Publicador de contidos

O 2023 será o ano libre dos plásticos dun só uso

O 2023 será o ano libre dos plásticos dun só uso

A partir do ano que vén prohíbense os vasos, cubertos e pratos de plástico

Outro dos obxectivos sostibles será a prohibición de fumar nas praias

G24.gal 31/03/2022 21:59

O Congreso aprobou definitivamente a lei de residuos. Aposta pola economía circular e por prácticas como a reutilización e a reciclaxe e céntrase especialmente en acabar co plástico.

A partir do vindeiro ano prohíbense os vasos e cubertos de plástico, as palliñas ou os bastóns dos oídos que desaparecerán do mercado.

A idea é converter o plástico en menos rendible para a acabar con el. Os produtores terán que pagar máis impostos e na hostalaría deberán cobrarlles aos clientes polos envases de comida para levar. Co fin de usar menos botellas, os bares e restaurantes terán tamén a obriga ofrecer de balde auga da billa.

Unha guerra contra o plástico, que cada vez gaña máis adeptos. Ademais, entre outras normas, aumentará a recollida selectiva de residuos e permitiráselles aos concellos multar por fumar nos areais. Recupérase o canon hidroeléctrico e aumentan os impostos para acabar co recurso fácil de recorrer aos vertedoiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar