Publicador de contidos
Publicador de contidos

O 40 por cento dos galegos ten problemas de exceso de peso

O 40 por cento dos galegos ten problemas de exceso de peso

No Día Mundial da Obesidade, os sanitarios animan a poboación a coidar tanto a alimentación coma os hábitos de vida

G24.gal 04/03/2024 14:19

No Día Mundial da Obesidade, os pacientes de nutrición de distintos centros de saúde ourensáns están citados para unha sesión extraordinaria: unha andaina por prescrición médica.

"Porque me mandou a nutricionista, que viñera hoxe camiñar. Eu ando moito todos os días. Se quedamos na casa, acabamos atrofiados". "Síntome máis lixeira, vou avanzando e estou mellor", comentan dúas participantes.

Segundo os datos da última enquisa europea de saúde, o 39 % da poboación galega ten sobrepeso, e máis de catrocentas mil persoas, obesidade. Unha condición que afecta a calidade de vida e que supón, ademais, un factor de risco para outras doenzas.

"A hixiene, o autocoidado, problemas nas articulacións como dor de xeonllos, das costas... e tamén problemas metabólicos: diabetes, hipertensión...", di Ana Sáez Ribao, enfermeira do centro de saúde da Ponte.

Subir as escaleiras en lugar de empregar o ascensor, ir andando ao traballo ou prescindir dos procesados na alimentación son algunhas recomendacións ben coñecidas pero pouco practicadas.

"Hai xente moi deportista e outra que pasa moito tempo cos ordenadores, etc". "Ás veces, moi mala alimentación, porque traballamos, imos ás comidas rápidas...", din dúas participantes da andaina.

A actividade completouse con mesas informativas, para concienciar sobre a importancia dos hábitos saudables.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade